6.15.2011
15 ILUSIÓNS PARA UNHA NOITE
Estrea do novo espectáculo de Martín Varela: “15 ILUSIÓNS PARA UNHA NOITE” · 30 de Xuño · 20:30h · Teatro Jofre · Ferrol · Entradas xa á venda en http://www.ferrol.es/jofre/ e no 981 944 245
6.01.2011
COMPOSTELA MÁXICA 2011
Este ano celébrase en Compostela a 5ª edición do festival internacional de maxia Compostela Máxica. Fico encantado de que a empresa organizadora contase comigo para dúas galas no Teatro Principal. Nestas dúas galas, participarei xunto ós magos: Martín Camiña, Mago Cali, Jessica Guloomal, Cayetano Lledó e o Magomimo Anyo. O nome da gala é ''Maxia con denominación de orixe''.
Ademáis ao longo da semana haberá múltiples actividades en distintos puntos da cidade. Máis información en www.compostelamaxica.com e www.compostelacultura.org
Ademáis ao longo da semana haberá múltiples actividades en distintos puntos da cidade. Máis información en www.compostelamaxica.com e www.compostelacultura.org
Hoxe, na rolda de prensa de presentacion do Compostela Máxica 2011.
5.25.2011
Espectáculo de maxia do Colectivo máxico Lorc & Julit
Sábado no Torrente Ballester. 19:00. Gala de maxia. Actúan: Mago Fon, ADJ, Jorge Cortizas, Eloy Hermida, Fiz Patiño e Martín Varela. Entrada de balde!
12.30.2010
11.30.2010
Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero no teatro Jofre · Ferrol
Foi para min unha honra poder ter a oportunidade de, nun lugar como é o teatro Jofre de Ferrol, realizar unha homenaxe a este ilustre escritor. Acompañado polo grupo RapAtios, con Xurxo Souto e o Pupiño Viascón.
No teatro Jofre con Mago Vituco y Jessica o Venres 19 de Novembro.
Tiven a sorte de poder actuar no fermoso teatro Jofre co Mago Vituco e con Jessica Guloomal, foi un luxo!
10.11.2010
John & Tammy Calvert
No XXX Congreso Máxico Nacional A Coruña 2010 puiden coñecer ao mago máis veterano do mundo en activo. Ten 99 anos e o seu nome é John Calvert.
Foi marabilloso poder coñecer a unha persoa que leva máis de oito décadas dedicándose ao ilusionismo.
Ao longo de catro días realizou tres espectáculos no Teatro Rosalía da Coruña e unha conferencia-charla xunto a Juan Tamariz, para os magos que estabamos no congreso.
Ao estaren no mesmo hotel ca min puiden compartir algunhas anécdotas con el e coa súa muller, Tammy Calvert.
Foi moi triste ter que me despedir deles... Pero pronto nos veremos outra vez!
___________________
At the XXX National Magic Convention A Coruña 2010 I met the world's oldest magician. He's 99 and his name is John Calvert.
It was awesome to meet a person who has been doing magic for over eight decades.
In four days he performed 3 times at Rosalia de Castro theater and he also had an interview with Juan Tamariz, for the magicians who were at the convention.
I was at the same hotel he was and I spent a lot of time talking to him, as well as with his wife, Tammy Calvert.
It was very sad saying goodbye to them... But we will meet again soon!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




