5.25.2011

Espectáculo de maxia do Colectivo máxico Lorc & Julit

Sábado no Torrente Ballester. 19:00. Gala de maxia. Actúan: Mago Fon, ADJ, Jorge Cortizas, Eloy Hermida, Fiz Patiño e Martín Varela. Entrada de balde!

11.30.2010

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero no teatro Jofre · Ferrol

Foi para min unha honra poder ter a oportunidade de, nun lugar como é o teatro Jofre de Ferrol, realizar unha homenaxe a este ilustre escritor. Acompañado polo grupo RapAtios, con Xurxo Souto e o Pupiño Viascón.

No teatro Jofre con Mago Vituco y Jessica o Venres 19 de Novembro.

Tiven a sorte de poder actuar no fermoso teatro Jofre co Mago Vituco e con Jessica Guloomal, foi un luxo!

10.11.2010

John & Tammy Calvert


No XXX Congreso Máxico Nacional A Coruña 2010 puiden coñecer ao mago máis veterano do mundo en activo. Ten 99 anos e o seu nome é John Calvert.

Foi marabilloso poder coñecer a unha persoa que leva máis de oito décadas dedicándose ao ilusionismo.

Ao longo de catro días realizou tres espectáculos no Teatro Rosalía da Coruña e unha conferencia-charla xunto a Juan Tamariz, para os magos que estabamos no congreso.

Ao estaren no mesmo hotel ca min puiden compartir algunhas anécdotas con el e coa súa muller, Tammy Calvert.

Foi moi triste ter que me despedir deles... Pero pronto nos veremos outra vez!


___________________


At the XXX National Magic Convention A Coruña 2010 I met the world's oldest magician. He's 99 and his name is John Calvert.

It was awesome to meet a person who has been doing magic for over eight decades.

In four days he performed 3 times at Rosalia de Castro theater and he also had an interview with Juan Tamariz, for the magicians who were at the convention.

I was at the same hotel he was and I spent a lot of time talking to him, as well as with his wife, Tammy Calvert.

It was very sad saying goodbye to them... But we will meet again soon!



9.19.2010

XXX Congreso Máxico Nacional | A Coruña 2010

Esta semana vaise levar a cabo na Coruña o maior evento máxico na historia de Galicia. Perto de 1.000 magos percorrerán as rúas compartindo ilusións!

Os mellores magos do mundo han de se reunir na Coruña para mostrar as súas últimas creacións.

Para saber máis sobre este Congreso Máxico Nacional, podes visitar ACoruña2010.com

Revista ''Aí'' | Setembro 2010